Programa de Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea – Proceso de Acreditación

O Programa de Doutoramento atópase nun proceso de renovación da súa acreditación. Este proceso inclúe, entre outros procedementos, que a Comisión Avaliadora nomeada pola ACSUG (Axencia de Calidade do Sistema Universitario de Galicia) realiza unha visita para coñecer de primeira man pormenores do funcionamento e resultados do Programa. Nesta visita, que nesta ocasión ten carácter virtual, reúnese con representacións dos distintos grupos implicados na marcha do programa (estudantes, egresados/ as, profesorado,  PAS,..).

Habitualmente as visitas das comisións avaliadoras inclúen unha Audiencia Pública na que calquera persoa implicada na titulación, que non participase en ningunha das reunións programadas, pode expresar as súas opinións e facer os comentarios que estime convenientes. Nesta ocasión, ao ser a visita de carácter virtual, a participación na devandita AUDIENCIA PÚBLICA realizarase mediante o envío dun email á dirección: audiencia.publica@acsug.es. En ningún caso terase en conta un comentario enviado por este medio se o remitente non está debidamente identificado: nome completo, perfil (estudante,  egresado, PDI,  PAS, etc.) e titulación sobre a que quere expoñer o comentario.