Buxán Bran

Profesor/a titular de universidade

Área de Escultura
Departamento de Escultura

Información de contacto

Universidade de Vigo

Facultade de Belas Artes
Despacho 107
Rúa da Maestranza, 2
36002 Pontevedra

+34 986 801 822
xmbuxanbran@uvigo.gal

Breve CV

Dende que en 1995 organiza o Curso de Verán da Universidade de Vigo: “Os estudos gays e lésbicos en España” e en 1996 acada o grao de Doutor en Belas Artes pola Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea coa Tese Doutoral: “Homoerotismo en la iconografía de San Sebastián Mártir: Una visión desde el presente”, o percorrido investigador e científico de Buxán Bran está íntimamente ligado ás conexións entre arte e cultura queer, identidade sexual, xénero, feminismo e masculinidades. Centrado neses ítems ten varios volumes publicadas e un vasto número de artigos e ensaios editados en numerosos volumes colectivos. A outra vertiente profesional do profesor Buxán Bran centrouse na curadoría de exposicións. Dende que en 2003 comisariou o ciclo de exposicións temáticas “Malas Artes” na Sala dos Peiraos do Concello de Vigo até a actualidade que dirixe o proxecto “Estado Crítico” para a Sala Alterarte, ten comisariado exposicións en numerosos espazos institucionais de España e Portugal. Ademáis, levou a cabo a xestión de espazos expositivos universitarios, primeiro a Sala X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra (durante cinco cursos) e logo a Sala Alterarte do Campus de Ourense. Traballo curatorial e de xestión cultural ao que veu sumando o de editor, coa edición dun extenso número de catálogos e publicacións en arte contemporánea. Como crítico de arte escribiu con periodicidade para O Correo Galego, A Nosa Terra, Faro da Cultura do Faro de Vigo e na actualidade faino para o Zig Zag da Televisión de Galicia.

Investigación

Liñas de investigación no programa

  • Identidades periféricas. Prácticas artísticas non objetuales, prácticas artísticas derivadas de cultura e mercado GLBT, práctica artística e muller, masculinidades

Grupo de investigación

Imaxe e Contextos

Liñas de investigación

  • Arte e cultura queer, cultura LGBT, identidade sexual, feminismos, masculinidades