Os coñecementos e competencias comúns atenden a tres enfoques: metodolóxico, organizativo e de transmisión.
O metodolóxico fai mención aos apartados da formación que se debe desenvolver e adquirir, co fin de adquirir as competencias necesarias; ó organizativo refírese á integración nas canles, mecanismos e/ou órganos e estruturas de traballo propios da investigación, tanto da Universidade de Vigo como doutros centros de investigación posibles; e a transmisión á posta en público ou transferencia da investigación de modo parcial ou total dentro de actividades como poidan ser a participación en congresos, xornadas, exposicións, premios, bolsas, proxectos, estancias noutros centros, etc.
Cada un destes enfoques constitúese como módulo do programa de estudos que atende a determinadas competencias e ten as súas actividades formativas precisas. Tódolos módulos son de carácter obrigatorio:
1º ano
Recursos metodolóxicos
Investigación e estruturas organizativas
Traballo de Investigación e Creación
Realización da tese
2º ano
Seminario de recursos metodolóxicos
Xornadas de presentación do Estado da Investigación 2
Transmisión da Investigación
Seminario de Transmisión da Investigación
Traballo de Investigación e Creación
Realización da tese
3º ano
Xornadas de presentación do Estado da Investigación 3
Traballo de Investigación e Creación
Realización da tese
Cronograma de actividades 2024/2025
Curso actual
Cronogramas de cursos anteriores
2023/2024 | 2022/2023 | 2021/2022 | 2020/2021 | 2019/2020 | 2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016