Competencia básica 11 (CB11)
Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
Competencia básica 12 (CB12)
Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
Competencia básica 13 (CB13)
Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
Competencia básica 14 (CB14)
Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
Competencia básica 15 (CB15)
Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
Competencia básica 16 (CB16)
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
Capacidade 1 (CA01)
Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
Capacidade 2 (CA02)
Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.
Capacidade 3 (CA03)
Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
Capacidade 4 (CA04)
Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
Capacidade 5 (CA05)
Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
Capacidade 6 (CA06)
A crítica e defensa intelectual de solucións.
Competencia xeral 1 (CG1)
Capacidade de desenvolver as posibilidades cognitivas da arte.
Competencia xeral 2 (CG2)
Capacidade para traballar e intervir colectivamente en proxectos de investigación disciplinares e interdisciplinares.
Competencia xeral 3 (CG3)
Capacidade para sintetizar e analizar con pensamento crítico a creación artística e a investigación.
Competencia xeral 4 (CG4)
Capacidade para actuar ante novas situacións e contextos culturais, en xeral e artísticos en particular, con responsabilidade cultural, ética e social.
Competencia xeral 5 (CG5)
Elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, de redactar plans, proxectos de traballo ou artigos científicos ou de formular hipóteses razoables.
Competencia específica 1 (CE1)
Integración entre teoría e práctica como eixo da investigación en Belas Artes
Competencia específica 2 (CE2)
Capacidade para transferir os coñecementos adquiridos á práctica artística, investigadora ou profesional mediante os recursos e metodoloxías axeitados.
Competencia específica 3 (CE3)
Capacidade para valorar a complexidade e versatilidade da creación artística contemporánea
Competencia específica 4 (CE4)
Capacidade para xestionar a información para propósitos artísticos e investigadores.
Competencia específica 5 (CE5)
Capacidade para comprender a creación e a investigación desde a continua innovación
Competencia específica 6 (CE6)
Capacidade para integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
Competencia específica 7 (CE7)
Capacitar para a comprensión e a expresión oral e escrita con dominio do vocabulario especializado e a súa vinculación coa linguaxe da historia, a estética e a teoría da arte.
Competencia transversal 1 (CT1)
Capacidade para xerar e desenvolver proxectos.
Competencia transversal 2 (CT2)
Capacidade para autogenerar unha curiosidade e aprendizaxe permanente cara aos problemas artísticos no seu contexto sociocultural.
Competencia transversal 3 (CT3)
Capacidade conceptual para achegar e intervir en proxectos de investigación I+D+i.
Competencia transversal 4 (CT4)
Capacidade para transmitir con claridade de forma oral e escrita, a público non especializado, os achados e avances obtidos na investigación.