Actividade Duración Carácter Descrición
Recursos metodolóxicos
1º ano
40 horas Obrigatorio Métodología de investigación en Belas Artes. Estudo de diferentes modelos e recursos metodolóxicos nas artes visuais. Estruturas, métodos e modelos de organización presentes nos procesos de investigación. Hipótese, anteproxectos, procura e definición de fontes documentais, fases e plans de traballo. A vinculación entre teoría e práctica nos proxectos de investigación.
Investigación e estruturas organizativas
1º ano
40 horas Obrigatorio Coñecemento das liñas de investigación en Belas Artes, configurando o espectro completo de tipoloxías de investigación. Coñecemento de proxectos de investigación levados a cabo polos grupos. Estrutura dos grupos de investigación na Universidade e coñecemento das convocatorias públicas para realizar proxectos competitivos. Metodoloxías de traballo en equipo dentro de proxectos colectivos. Optimización de recursos. Deseño, contido, desenvolvemento e presentación de proxectos de investigación artística. Doutoramentos europeos.
Transmisión da investigación
2º ano
40 horas Obrigatorio Desenvolvemento de escritura científica. Como escribir artigos científicos, como citar fontes, como presentar relatorios e artigos. Modelos e xéneros dos escritos sobre arte. Elaboración de textos de investigación para publicacións nacionais e internacionais. Elaboración de relatorios, comunicacións ou posters para a súa presentación en congresos e seminarios nacionais e internacionais. Traballos de catalogación e compilacion. Elaboración de textos para catálogos, textos de divulgación. Elaboración artigos para revistas. Elaboración de informes. Indicios de calidade.
Seminario de Recursos metodolóxicos
2º ano
10 horas Obrigatorio Estrutura dunha tese doctoral. Elaboración de índices. Tipoloxías de teses doctorales no ámbito de Belas Artes. Modelos de estrutura organizativa das teses doctorales en Belas Artes.Tese teórico prácticas. Investigación e creación. Presentación e transmisión de resultados. A defensa da tese. Contido e forma do discurso. Protocolo de actuación. Planificación da docencia. Actividade presencial (8 h.) Traballo de seminario no que se estuda a tipoloxía habitual de tese en Belas Artes. Análise de casos concretos. Análise de índices de teses doctorales. Análise das relacións posibles entre a investigación e a obra artística. Elaboración de borradores e mapas conceptuais. Seminario práctico de transmisión oral. Estratexias de presentación e defensa.
Seminario de transmisión
2º ano
10 horas Obrigatorio Presentación e transmisión da investigación co fin de dar a coñecer e estimular o coñecemento da actividade investigadora desenvolvida. Anotacións e definición do tema da investigación. Prácticas de comunicación ordenada do tema da investigación.
Xornadas de presentación do Estado da Investigación
1 por ano
3 horas cada unha Obrigatorio

 

Guía docente 2020/2021