Presentación e defensa da tese

As condicións, procedementos e prazos para a tramitación da defensa da tese de doutoramento na Universidade de Vigo están establecidas no seu Regulamento de Estudos de Doutoramento (modificado en Consello de Goberno de 27 de febreiro de 2020). Toda a información relativa a este procedemento está dispoñible na páxina web da Escola de Doutoramento.

Inclúese información respecto de:

 
Unha vez presentada unha tese de doutoramento ante a Comisión Académica, esta xulgará se os méritos incluídos na mesma e o traballo presentado merecen a autorización para a continuación do procedemento. En todo caso será condición suficiente a inclusión en devandita tese dun traballo de carácter investigador. Así mesmo velará porque a composición dos tribunais sexa correcta e os investigadores convidados ao mesmo sexan investigadores de prestixio no campo de traballo.