Criterios preliminares

Para a admisión nos estudos de doutoramento valorarase a formación previa no ámbito das Belas Artes, Arquitectura, Hª da arte, en particular, e das Humanidades en xeral, tendo prioridade sobre o resto de solicitantes. Os/as solicitantes cunha titulación dos ámbitos indicados terán preferencia sobre o resto no proceso de selección. Estudarase en cada caso o acceso para aqueles/as solicitantes que posúan unha formación diferente ás relacionadas neste apartado, atendendo aos contidos concretos do seu expediente académico e ao seu CV en xeral e que se poida asimilar nas súas características de contido.

 

Proceso de selección

Os criterios de valoración a ter en conta serán os que seguen, sobre unha puntuación de 10::

  1. Expediente académico da titulación que presenten para o ingreso. Valorarase a adecuación da titulación, a cualificación media global e a cualificación obtida nas materias máis relacionadas coa investigación para desenvolver (ata 2,5 puntos).
  2. Memoria sobre o que se pretende investigar, tendo en conta a súa posible adscrición a unha liña de investigación ofertada (ata 4 puntos).
  3. Dossier gráfico de obra artística e/ou CV do candidato/a, tendo en conta a adecuación á titulación á que se pretende acceder (ata 2,5 puntos).
  4. Coñecemento de idiomas estranxeiros (ata 1 punto).
  5. Carta de aval.
  6. Entrevista, se a Comisión do Programa de Doutoramento o estima oportuno.

Á vista da documentación achegada, a CAPD procederá á selección de candidaturas e, posteriormente, á asignación de titoría académica ás mesmas.

Nos casos de estudantado procedente doutros doutoramentos regulados por normativas anteriores, así como nos de traslados de expedientes doutros programas ou doutras universidades, a CAPD valorará as solicitudes, que deberán ir necesariamente acompañadas por informes dos responsables dos estudos realizados.

Documentación

* Lembramos a necesidade de remitir á Secretaría de Alumnado da Facultade de Belas Artes o documento en PDF xerado pola plataforma de preinscrición.
** Debido ás restricións pola COVID19 non se pode manexar documentación en papel, polo que calquera documento deberá ser presentado en formato electrónico.